domingo, 25 de agosto de 2013

Festival de la Luz 2013





LEIRABUXOS!!!!
Hoxe, ao fin, podemos confirmarvos a nosa asistencia ao Festival de la Luz 2013. É un evento de grandes dimensións, con artistas para todos os gustos, e que conta cun aforo dunhas 10.000 persoas na súa segunda edición. Como xa supoñemos que sabedes do que falamos, deixámosvos un enlace á páxina web do Festival, para quen lle interese!
http://www.festivaldelaluz.es/

Xa vos adiantamos, que nun principio, o noso concerto terá lugar o sábado 14 de setembro no escenario acústico.
O recaudado en taquilla vai destinado na súa totalidade ao Banco de Alimentos (na pasada edición foi para a Asociación Galega do Cáncer), como comprobades, un evento benéfico completamente.
Se tedes pensado asistir, procurade comprar as entradas canto antes!
A modo de consello: Non faltedes, porque imos a dalo todo!!!! E anímadevos os que poidadaes a asistir os dous días, pois o domingo tamén promete!



José Ignacio Portos, alcalde do Concello de Boimorto, xunto con Luz Casal; Inauguración da I edición do Festival de la Luz

Presentación do Festival de la Luz 2013

Presentación do Festival de la Luz 2013

Festival de la Luz 2012


No hay comentarios:

Publicar un comentario