miércoles, 8 de mayo de 2013

Case tres séculos máis tarde... VOLVEMOS Á CARGA CO BLOG!

Pois si, despóis dun tempiño con este espazo tan abandonado, volvemos a publicar. Por todos é xa sabido que moitas veces non chega o tempo a nada! Pero prometemos intentar seguir publicando coa maior regularidade posible, e mantervos informadas/os de todo! :)
Levaríanos unhas cuantas horiñas amosarvos todas as fotos e vídeos que fomos recompilando das actuacións (no tempo en que deixamos de publicar aquí), pero o que si queremos é deixarvos un resumo...
Festa da Merenda de Aiazo, clausura da Feira Magreco de Boimorto, Foliada de Melide..










E para os que teñan ganas de festa este sábado.. todos a Toques! (xa vos informaremos de que se trata, horario, etc.) 



E xa por último, mais non por iso menos importante... dicirvos que estamos preparando un disco que esperamos ter rematado este verán para que todos poidamos disfrutar del, pois esperamos non defraudar! Aquí vos deixamos unhas fotografías das sesións de gravación, que a pesares dos erros e da paciencia, disfrutamos moito traballando neste tan cheo de ilusión proxecto.