jueves, 23 de agosto de 2012

Próximo destino: Certame de Música e Baile Tradicional, Teixeiro

Que vos parece pasar unha tarde de Domingo repleta de música da nosa terra? E se nos permitides compartila con vos? Animádevos, que cantos máis sexamos, máis festa facemos.

DOMINGO DÍA 9 DE SETEMBRO, ARREDOR DAS 19:00 H. celebrarase o certame, e posteriormente faremos un pasarrúas polas principais rúas e bares do pobo.
O evento é organizado pola Comisión de Festas Patronais de Teixeiro.
Unha vez dito todo esto, ides faltar? Esperámosvos!




viernes, 17 de agosto de 2012

Leirabuxo, Festival de Pardiñas 2012


O pasado 5 de Agosto puidemos compartir a nosa música con tódolos presentes no Festival de Pardiñas. Para nos foi un auténtico placer, posto que dende a primeira canción ata a última recibimos todo o cariño do público, algo que queremos agradecer.
Deixámosvos por aquí algúns vídeos e fotos daquel día, para os que non puidechedes estar alí.


Carlos Fandiño

Carla Rey

Román Varela

Manuel Varela

José Luis Barreiro

Carlos Varela, "Pulgui"













Quen puidera namorala


Armenteira e Forcarei


Fox-trot


La Dilores


Maruxa e Rebordelos


Muiñeira de Navia


Muiñeira de Oliveira


Pasodoble de Melide


Pasodoble de Negreira


                                                                 Xota de Calvos


jueves, 16 de agosto de 2012

Leirabuxo Gaiteiros

Leirabuxo é un proxecto musical que xorde no berce da bisbarra de Melide e arredores xa fai ano e medio e froito dunha xuntanza de catro amigos amantes da músíca tradicional e procedentes xa dun proxecto musical anterior. As inquedanzas destes catro amigos gaiteiros, e como eles
 din "a verdade é que leiramos ben", fixeron que se xuntaran de novo para facer o que realmente lles gusta, que non é outra cousa que tratar de divertir ao público facendo música tradicional da nosa Galiza con ese instrumento que nace dun pau de buxo, e de aí o seu nome de Leirabuxo.

Nos seus comezos o proxecto musical Leirabuxo estaba composto por Manuel Varela de Toques ao acordeón, Román Varela da Golada ao tamboril, Carlos Varela "Pulgui" de Melide ao bombo e Carlos Fandiño de Teixeiro á gaita, pero posteriormente incorporáronse ao proxecto musical Xose Luis Barreiro de Abellá á gaita e saxo soprano e a fermosa voz de Carla Rey de Boimorto.

Os seis compoñentes do proxecto Leirabuxo forman parte doutros proxectos musicais da bisbarra de Melide e arredores, pero todos eles senten un especial agarimo cara ao proxecto Leirabuxo, sinxelamente pola amizade existente entre eles e pola súa atracción cara a musíca tradicional do noso pais.


28 de Novembro de 2010