jueves, 31 de octubre de 2013

Mañá a Monterroso

A partir das 21:00h, aló vos esperamos a todos para facer festa toda a noite! Con esta chea de grupos, degustación, queimada... a Foliada promete! 
Esperámosvos en Monterroso!! 


jueves, 24 de octubre de 2013

Estos Faragullas de Teixeiro non queren máis ca festa!!!

....E como non, nós apuntámonos sen pensalo nin un intre!!

- Mañá, Venres 25 de Outubro, celebrarán un festival con motivo da visita do Centro Galego de Barakaldo. Dará comezo a iso das 18:00h. na Casa da Cultura de Teixeiro, e contarase coa presenza de Doces Lembranzas (Barakaldo), Faragullas (Teixeiro) e Leirabuxo (Melide).

- E non podía faltar un ano máis, a esperada RUADA DE TEIXEIRO!!! Xa van coa III, e anhelámoslles moitos anos máis! 
Como ben sabedes, terá lugar este Sábado 26 de Outubro en Casa Miraz. Deixámosvos o cartel para que lle botedes unha ollada e non dubidedes en achegarvos : non defraudan!! 
Pinchos, chocolate con doces caseiros, música, baile e unha morea de grupos dispostos a facer festa e máis festa... e isto só nunha noite! 
Alí vos esperamos a todos o Sábado! 



lunes, 14 de octubre de 2013

Catalmibre/ Festival de la Luz/ Sta. Cruz de Montaos

Logo dun mes, voltamos para actualizar o noso blog con unhas cantas fotografías dese fin de semana do 13 ao 15 de Setembro... Festa a rachar que tivemos os tres días!!
Estas son algunhas das imaxes...





















domingo, 25 de agosto de 2013

Festival de la Luz 2013





LEIRABUXOS!!!!
Hoxe, ao fin, podemos confirmarvos a nosa asistencia ao Festival de la Luz 2013. É un evento de grandes dimensións, con artistas para todos os gustos, e que conta cun aforo dunhas 10.000 persoas na súa segunda edición. Como xa supoñemos que sabedes do que falamos, deixámosvos un enlace á páxina web do Festival, para quen lle interese!
http://www.festivaldelaluz.es/

Xa vos adiantamos, que nun principio, o noso concerto terá lugar o sábado 14 de setembro no escenario acústico.
O recaudado en taquilla vai destinado na súa totalidade ao Banco de Alimentos (na pasada edición foi para a Asociación Galega do Cáncer), como comprobades, un evento benéfico completamente.
Se tedes pensado asistir, procurade comprar as entradas canto antes!
A modo de consello: Non faltedes, porque imos a dalo todo!!!! E anímadevos os que poidadaes a asistir os dous días, pois o domingo tamén promete!



José Ignacio Portos, alcalde do Concello de Boimorto, xunto con Luz Casal; Inauguración da I edición do Festival de la Luz

Presentación do Festival de la Luz 2013

Presentación do Festival de la Luz 2013

Festival de la Luz 2012


lunes, 19 de agosto de 2013

Domingo en Samos

Este Domingo fomos convidados á XXIII Festa Campestre de Convivencia en Samos. A verdade é que foi un moi bo día disfrutando da música e dos maiores protagonistas da festa.
Foi un auténtico pracer compartir con todos eles a nosa música, e esperamos tiveran disfrutado o que esperaban!!
E un gracias inmenso a Santi por non dubidar en botar unha man sempre que o necesitamos!










miércoles, 17 de julio de 2013

Casa das Crechas





As d'aló da vía e Lía

As d'aló da vía e Lía
 (Fotos de Santi e Isa Varela)
Onte, sesión de tarde na Casa das Crechas. Foi todo un placer compartir con todos vos a música que tanto nos move... a música da nosa terra!!
Gracias ás Crechas pola súa invitación, esperamos ter estado á altura da ocasión.

 

jueves, 11 de julio de 2013

Seguinte parada: Casa das Crechas

ATENCIÓN!!!!!!!!!! CAMBIO DE PLANS NAS CRECHAS!
NON TOCAREMOS ÁS 22:30 COMO ESTABA PREVISTO, SENON QUE ÁS 20:00 NA TERRAZA.
A ENTRADA QUE ATA O MOMENTO COBRARÍAN A 4€, PASA A SER ENTRADA LIBRE.

POR TANTO, ESTE CAMBIO DESVALORIZA O PUBLICADO ANTERIORMENTE (ABAIXO). 



LEIRABUXOS!! Por se fora pouco un fin de semana de festa, martes cita especial na Casa das Crechas... non teredes pensado fallar, non?
Invitámosvos a pasar con nos unha noite desas de festa nun dos santuarios máis importantes do folque galego.
Queda dito... martes 16 ás 22:30 na Casa das Crechas (Santiago de Compostela).

PD: non vos durmades, que o aforo é limitado, e a entrada custa 4€.


E estas fotos inmortalizan un dos ensaios máis duros... non vos asustedes! referímonos á tremenda calor que pasamos!!!


domingo, 9 de junio de 2013

Recopilatorio




Deixámosvos por aquí o vídeo recopilatorio que nos enviaron os compañeiros da Asociación C. Xermolos, do Festival de Pardiñas 2012 do que Leirabuxo foi partícipe. 
Leirabuxo, min. 4:30


jueves, 6 de junio de 2013

A celebrar o V aniversario das Noites de Tasca!!

Mañá, a Ordes, a celebrar como se merece o V aniversario das Noites de Tasca. Como veredes no cartel, hai moitos grupos e todos repartidos polos bares do pobo,asíque non sei a que esperades para vir facer un pouco de festa, que é o que nos gusta, como bos galegos/as!!
Leirabuxo na cervecería Islia xunto con "Os Cincuenta"... e a  partir das 12 da noite, FOLIADA!! 




miércoles, 8 de mayo de 2013

Case tres séculos máis tarde... VOLVEMOS Á CARGA CO BLOG!

Pois si, despóis dun tempiño con este espazo tan abandonado, volvemos a publicar. Por todos é xa sabido que moitas veces non chega o tempo a nada! Pero prometemos intentar seguir publicando coa maior regularidade posible, e mantervos informadas/os de todo! :)
Levaríanos unhas cuantas horiñas amosarvos todas as fotos e vídeos que fomos recompilando das actuacións (no tempo en que deixamos de publicar aquí), pero o que si queremos é deixarvos un resumo...
Festa da Merenda de Aiazo, clausura da Feira Magreco de Boimorto, Foliada de Melide..










E para os que teñan ganas de festa este sábado.. todos a Toques! (xa vos informaremos de que se trata, horario, etc.) 



E xa por último, mais non por iso menos importante... dicirvos que estamos preparando un disco que esperamos ter rematado este verán para que todos poidamos disfrutar del, pois esperamos non defraudar! Aquí vos deixamos unhas fotografías das sesións de gravación, que a pesares dos erros e da paciencia, disfrutamos moito traballando neste tan cheo de ilusión proxecto.