martes, 23 de octubre de 2012

Sábado: compromiso en Teixeiro

E para completar este fin de semana, II Ruada en Teixeiro. Esto ten moi boa pinta...! Non sabemos a hora á que tocaremos, pero o que si sabemos é que non podedes faltar porque dende o primeiro momento estará a Casa Miraz repleta de xente que nos fará disfrutar ao máximo dunha noite que por seguro non esqueceremos. Arredor das 21:00 h, xa sabedes!
As d'aló da vía, Os fillos de pepa a loba, Leirabuxo, Os melidaos, Froitonovo, No combaro, Escola de baile e gaita de Mesía, Pozo pequeno, Herba grileira, Santiaguiños de Boimorto, Maristela, Bico da Balouta, entre moitos outros... non se vos ocurrirá faltar, non? Do que se trata é de facer festa e disfrutar co que nos gusta!

E como Leirabuxo xa estivo o ano pasado en Teixeiro, aquí quedan uns vídeos.. Si, parece que medrou algo o grupo!
















sábado, 20 de octubre de 2012

Pub Gatos, Venres 26 de Outubro

E este próximo Venres, 26 de Outubro, fomos convidados a amenizar un pouco a noite no Pub Gatos en Melide. Comezaremos arredor das 00:30. Vai ser unha noite na que contemos coa colaboración de alguén que nos axudará a facer algo distindo.. co que esperamos cando menos, sorprendervos.
Sobra dicir que contamos coa vosa presencia para pasalo ben xuntos unha vez máis.



Un saúdo dos Leirabuxos! 

domingo, 7 de octubre de 2012

35ª Noites de Tasca, Pontecarreira 5deOutubro2012

E por aquí andamos unha vez máis, para seguir amosándovos as fotos das nosas actuacións. Esta vez deixámosvos as da noite do 5 de Outubro na Pontecarreira. En verdade, foi unha noite espléndida: bailamos, cantamos, tocamos, e ante todo disfrutamos todos facendo o que nos gusta. Gracias a todos os que estivéstedes acompañándonos e axudándonos a pasar unha noite que estamos seguros, non esqueceremos.