martes, 23 de octubre de 2012

Sábado: compromiso en Teixeiro

E para completar este fin de semana, II Ruada en Teixeiro. Esto ten moi boa pinta...! Non sabemos a hora á que tocaremos, pero o que si sabemos é que non podedes faltar porque dende o primeiro momento estará a Casa Miraz repleta de xente que nos fará disfrutar ao máximo dunha noite que por seguro non esqueceremos. Arredor das 21:00 h, xa sabedes!
As d'aló da vía, Os fillos de pepa a loba, Leirabuxo, Os melidaos, Froitonovo, No combaro, Escola de baile e gaita de Mesía, Pozo pequeno, Herba grileira, Santiaguiños de Boimorto, Maristela, Bico da Balouta, entre moitos outros... non se vos ocurrirá faltar, non? Do que se trata é de facer festa e disfrutar co que nos gusta!

E como Leirabuxo xa estivo o ano pasado en Teixeiro, aquí quedan uns vídeos.. Si, parece que medrou algo o grupo!
















No hay comentarios:

Publicar un comentario