miércoles, 6 de agosto de 2014

Unha fin de semana movida, e outra que se aproxima

Como xa publicamos no Facebook, logo dunha fin de semana con moita festa, queríamos facer públicos algúns agradecementos: 
Ao bar Cire de Melide, por acordarse de nós para armar un pouco de barullo.
Ao Concello de Boimorto, por confiar en Leirabuxo unha vez máis para amenizar a tarde na comida dos maiores e a feira de época.
Á Escola de Música Tradicional de Mesía, pola boa Foliada das Mentiras que esperamos que se volva repetir, e por suposto, por contar con nós. 

Moitas gracias e moita música para tods!!

E un gracias especial para Isabel Varela, que está sempre para botarnos unha man cando a necesitamos. 
























E esta fin de semana non podía ser menos: este sábado 9 de agosto esperámosvos a tods en Teixeiro, onde estaremos para axudar a pechar esta III Feira dos oficios da montaña chea de música. A partires das 21:30 participaremos na foliada con outros grupos. Podedes vir a botar unhas bailas! 


miércoles, 4 de junio de 2014

Ao son do Masma

Ben, pois este fin de semana toca moverse un pouco máis lonxe. Convidáronnos a asistir o 7 de xuño a esta 3ª edición do festival Ao son do Masma.

O concerto dará comenzo a iso das 23:00h., e estaremos acompañando aos Carunchos e aos Cuchufellos, así como moitos outros grupos e actuacións que se sucederán ao longo do día.

Xa sabedes, esperámosvos en Celeiro de Mariñaos!!


viernes, 28 de marzo de 2014

Preparados para a Festa da merenda?

Leirabuxo xa está pensando nese 13 de abril! Alí estaremos !!
Unha maneira diferente de pasar un domingo: música tradicional, orquestas, tortillas de masa, festa de campo... Que estades esperando?? Esta xente de Aiazo non defrauda!!!
Xa sabedes, a partires das 12:00h. degustación das tortillas de Aiazo para abrir unha festa que promete...e moito!

E para os que aínda non teñades o disco de Leirabuxo, alí poderedes facervos con el.
VÉMONOS en 10 días!




lunes, 17 de febrero de 2014

2 meses desaparecidos...

... pero por causa xustificada!!!!
Collimos a gravación do disco con moitas ganas e vendo o pouquiño que queda xa para poder sacalo á luz, a verdade é que todo o esforzo se fixo pouco.
Agora si, só quedan pequenos detalles... estamos desexando poder compartir con vos esto que para nós é tan especial.
Onte tivemos tarde de fotos...








Un saúdiño e ata moi pronto......