domingo, 25 de agosto de 2013

Festival de la Luz 2013





LEIRABUXOS!!!!
Hoxe, ao fin, podemos confirmarvos a nosa asistencia ao Festival de la Luz 2013. É un evento de grandes dimensións, con artistas para todos os gustos, e que conta cun aforo dunhas 10.000 persoas na súa segunda edición. Como xa supoñemos que sabedes do que falamos, deixámosvos un enlace á páxina web do Festival, para quen lle interese!
http://www.festivaldelaluz.es/

Xa vos adiantamos, que nun principio, o noso concerto terá lugar o sábado 14 de setembro no escenario acústico.
O recaudado en taquilla vai destinado na súa totalidade ao Banco de Alimentos (na pasada edición foi para a Asociación Galega do Cáncer), como comprobades, un evento benéfico completamente.
Se tedes pensado asistir, procurade comprar as entradas canto antes!
A modo de consello: Non faltedes, porque imos a dalo todo!!!! E anímadevos os que poidadaes a asistir os dous días, pois o domingo tamén promete!



José Ignacio Portos, alcalde do Concello de Boimorto, xunto con Luz Casal; Inauguración da I edición do Festival de la Luz

Presentación do Festival de la Luz 2013

Presentación do Festival de la Luz 2013

Festival de la Luz 2012


lunes, 19 de agosto de 2013

Domingo en Samos

Este Domingo fomos convidados á XXIII Festa Campestre de Convivencia en Samos. A verdade é que foi un moi bo día disfrutando da música e dos maiores protagonistas da festa.
Foi un auténtico pracer compartir con todos eles a nosa música, e esperamos tiveran disfrutado o que esperaban!!
E un gracias inmenso a Santi por non dubidar en botar unha man sempre que o necesitamos!