martes, 25 de septiembre de 2012

Novo compromiso! Venres 5 de Outubro

Estades todos convidados ás 35ª Noites de Tasca na Ponte Carreira-Frades, o Venres 5 de Outubro.
A partir das 21:30 haberá diversos grupos de gaitas que farán disfrutar a todos coa súa música polos bares: A Coviña - O noso mesón- Vilariño - Xiada
Sobre as 23:30 esperámosvos Leirabuxo no bar O Taxista e... algunha que outra sorpresa se está preparando. Pero por se fora pouco, despois de todo, Foliada, festa a rachar para disfrutar da música folk galega...Estades seguros de que ides faltar?



martes, 11 de septiembre de 2012

Certame de Música Tradicional de Teixeiro, 9deSetembro2012

Como xa sabiades, a tarde do Domingo 9 de Setembro estabamos citados en Teixeiro, no Certame de Música Tradicional, onde fixemos un pequeno pasarrúas polo pobo e logo unha breve actuación na praza. Deixámosvos por aquí unhas fotos.

(Se pinchades sobre as imaxes podedes velas máis grandes)













As d'aló da vía, Pandereteiras


As d'aló da vía, Pandereteiras

As d'aló da vía, Pandereteiras


PD: Non perdades detalle, porque en breve publicaremos as seguintes actuacións de Leirabuxo!