martes, 25 de septiembre de 2012

Novo compromiso! Venres 5 de Outubro

Estades todos convidados ás 35ª Noites de Tasca na Ponte Carreira-Frades, o Venres 5 de Outubro.
A partir das 21:30 haberá diversos grupos de gaitas que farán disfrutar a todos coa súa música polos bares: A Coviña - O noso mesón- Vilariño - Xiada
Sobre as 23:30 esperámosvos Leirabuxo no bar O Taxista e... algunha que outra sorpresa se está preparando. Pero por se fora pouco, despois de todo, Foliada, festa a rachar para disfrutar da música folk galega...Estades seguros de que ides faltar?



No hay comentarios:

Publicar un comentario