jueves, 31 de octubre de 2013

Mañá a Monterroso

A partir das 21:00h, aló vos esperamos a todos para facer festa toda a noite! Con esta chea de grupos, degustación, queimada... a Foliada promete! 
Esperámosvos en Monterroso!! 


jueves, 24 de octubre de 2013

Estos Faragullas de Teixeiro non queren máis ca festa!!!

....E como non, nós apuntámonos sen pensalo nin un intre!!

- Mañá, Venres 25 de Outubro, celebrarán un festival con motivo da visita do Centro Galego de Barakaldo. Dará comezo a iso das 18:00h. na Casa da Cultura de Teixeiro, e contarase coa presenza de Doces Lembranzas (Barakaldo), Faragullas (Teixeiro) e Leirabuxo (Melide).

- E non podía faltar un ano máis, a esperada RUADA DE TEIXEIRO!!! Xa van coa III, e anhelámoslles moitos anos máis! 
Como ben sabedes, terá lugar este Sábado 26 de Outubro en Casa Miraz. Deixámosvos o cartel para que lle botedes unha ollada e non dubidedes en achegarvos : non defraudan!! 
Pinchos, chocolate con doces caseiros, música, baile e unha morea de grupos dispostos a facer festa e máis festa... e isto só nunha noite! 
Alí vos esperamos a todos o Sábado! 



lunes, 14 de octubre de 2013

Catalmibre/ Festival de la Luz/ Sta. Cruz de Montaos

Logo dun mes, voltamos para actualizar o noso blog con unhas cantas fotografías dese fin de semana do 13 ao 15 de Setembro... Festa a rachar que tivemos os tres días!!
Estas son algunhas das imaxes...